Conclusión
Se os desenvolvedores de JavaSCript escriben unha liña de CSS, son agora desenvolvedores de CSS?
Este kōan sobre programación, ilustra unha clara tendencia no desenvolvemento web: así como a cada vez máis desenvolvedores de CSS se lle pide que aprendan JavaScript, máis desenvolvedores de JavaScript se están a dar de conta de que pode que haxa algo máis nisto do CSS que font-weight: bold;
.
Así que preguntar sobre “O Estado de CSS” é unha pregunta engañosa en si mesma: depende de a quen preguntes, vas a recibir respostas completamente distintas! E, cómo saber cal é a correcta?
Aquí tes outro kōan para tí: a resposta correcta é que non hai unha resposta correcta. Cada unha das moitas ferramentas, metodoloxías, frameworks e librarías amosadas aquí, teñen o seu espazo no basto ecosistema do front-end.
Estás construindo unha aplicación complexa con React? Styled Components é unha gran opción. Estás deseñando unha páxina web estática? No te podes equivocar si usas Sass! E inda que Bootstrap perdeu parte do seu factor de marca orixinal, segue gañando en canto ao número de temas e plugins dos que dispon.
Así que mentres mantemos un ollo nos novos e relocentes xoguetes que aparecen tódalas semanas en GitHub, non debemos olvidarnos de ferramentas, técnicas, e sobre todo, xente que portou a antorcha de CSS hasta agora.¡Necesitamos a todo o mundo si queremos seguir avanzando en 2021, e nos vindieros anos!